jueves, 10 de marzo de 2011

CABARET


O 19 de Marzo a partir das 20.30 podedesme ver no ExpoCoruña, dentro do festival Espazos que danzan. Entrada gratuita...ANIMADEVOS!!!!

viernes, 28 de enero de 2011

O demo


Ten o home un demo dentro que lle saca o corazón,
que llo esconde entre a codicia, o poder e a corrupción
Quedan moitos, quedan oh!, que non caen na tentación,
multitudes caladiñas as que ninguén presta atención
Falan outros, mentirosos, mentras texen na ambición
unha rede, hipocresia, na que o mundo sempre foi

Marchar hei meus compañeiros
a buscar algo millor
auga limpa, fresca fonte
a ledicia do frescor

Non che sei meu doce neno
se esta busca é interior
vai por dentro vai por fora
poderei con esta dor

viernes, 21 de enero de 2011

CRASH- Para Chus

PI PI PI PIPI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI

Ummmmm comeza a rutina diaria, apagar despertador, refunfuñar, desperezarse, pensar qué día é hoxe, chegar a unha conclusión, mércores, levantarse, frio, ducharse, vertirse, ¿que me pongo? ver qué tempo fai, chove a mares, almorzar, “buf, hoxe non fago a cama” calzarse, poñerse abrigo, coller paraugas, a mochila do ximnasio, o bolso, as chaves da casa na man para cerrar, a chave do coche localizada para non tardar en abrir baixo a chuvia…LISTA PARA COMEZAR UN NOVO DIA LABORABLE

Uy, uy...cuidado cando saes do ascensor están fregando o portal, non sería bo esvarar, saio moi a modiño, como pisando ovos, e proba superada, a muller que limpa nin me mirou, ten os cascos postos, o millor nin me escoitou, o millor podería caer romper a nuca contra a escaleira e ela seguiría escoitando a súa música “All the single ladies, all the single ladies…”

Xa estamos baixo a borrasca, o coche está preto, non paga a pena abrilo paraugas, comezo a andar baixo a chuvia, será millor abrilo, ó accionar o sistema de apertura do paraugas, cae o bolso do hombro e queda colgado do codo, Aja! se fas algún movemento máis correremos o perigo de que tamén caia a bolsa do ximnasio e ahí si teriamos un problema co peso. Co paraugas a medio abrir na man esquerda, o bolso no codo do brazo dereito e a mochila no hombro, chego ata o coche empapadiña e teño que coller a chave, apoio o paraugas no chan contra o coche, que por suposto cae nun charco, e coa man esquerda busco a chave, que non tardo en encontrar…xa que tivemos os miolos suficientes de deixala ben localizable.

Sentada no coche, a salvo da chuvia, calefacción a tope, luces, radio e arranco.

Tráfico denso, como corresponde a un día de auga, non me chegaron as horas de sono, teño que acostarme máis cedo, necesitarei un segundo café para comezar o traballo.

Un fermosisimo paxaro voa diante de min, de proporcións perfectas voa cun ritmo acompasado, relaxado, case hipnótico, os meus ollos non son quen de apartarse do seu camiño e sinto paz no meu interior, un sosego quente que sube dende os pes a cabeza enchendo toda parte do meu corpo co seu candor. É pequeniño, ten o pico dourado, o peito vermello e o lombo verde auga, as súas as están cheas de cores, naranxa, morado, amarelo, gris…case parece unha bolboreta

CCCCCRRRRRAAAAASSSSSHHHHH

Colisión en cadena nos accesos a cidade “perdoa, despisteime” Seis coches e un camión, o camión levaba galiñas que dalgún modo consiguen fuxir do seu destino cruel, os vehículos obstaculizamos un carril de entrada, pero as galiñas ocupan os outros dous. Colapso na cidade en hora punta

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Tráfico


O sangue fluia cada vez máis rápido, empezaba a notar como se facía efervescente e pretendía rebosar do seu continente, meu corpo. Pero eu non podía moverme, paralizada no meu asento trataba de respirar profundamente e calmar así os meus efluvios corporais que loitaban por moverse, por sacarme dese estado de quietude obligatoria. Comezou de novo a estridente sinfonía de claxons que conseguiu acelerar o meu corazón.

Embrague, primeira, acelerador, freno, embrague, punto morto

Movin o coche cincuenta centimetros e volteino a parar moi cerca da parte traseira do de diante. O meu fuciño casi tocaba o seu cu, podía ver os ollos do home que conducía polo seu espello retrovisor, estaban abstraidos nalgún pensamento moi profundo, ou ben a punto de se quedar dormidos. Os meus ollos non paraban de moverse, afortunados eles, que non se veian encaixonados nese pequeno cubículo que é o asento dun coche. Suspirei profundamente, e falei en alto “ Por qué, por qué escollín esta ronda” golpeei o volante ata facerme algo de dano, pero xa non había volta atrás. Dabanme ganas de adiantar a todos polo carril de sentido contrario, “quero ser kamikazeeeee!!!” cantaba para min a miña mente “Quero chocar contra o de dianteeee!!!, darlle ben forteeee!!!, golpealos a todoooos!!!, ata que consiga movermeee!!!”

Embrague, primeira, acelerador, freno, embrague, punto morto

Cincuenta centímetros máis cerca do meu destino.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Credo

Creo en Marx, padre e ideologo
creador del socialismo y el comunismo
creo en la justicia, como única hija, en toda moral
que es concebida por obra y gracia de grandes maestros
Volvamos a la tierra virgen
sin padecer bajo el poder de jefes Pilatos
crucificados, muertos, sepultados
desacreditados por el capitalismo
al tercer día ¡REVOLUCION!
De entre los muertos, subid a los cielos
para acabar con la derecha más reaccionaria
Desde allí se ha de dejar de juzgar a vivos y muertos
Creo en la energía positiva
las abnegadas Madres Anónimas
la unión del proletariado
el perdón de los hermanos
el bienestar de la carne
y la vida bella
Amen

sábado, 30 de octubre de 2010

Difuntos


-Outra vez roubaronme o centro de flores
-Bueno muller, qué mais da
-Igual non me da, teño a lápida desnuda, sen nada...
-A saber cuando te traen otro ramo, con lo poco que vienen por aquí
-Abuela no empiece, vienen cuando pueden...bastante tienen ya con lo que tienen

Houbo un silencio, quizais cada cal pensou nos seus, no peso que a súa morte deixou nos que máis querían, nas bágoas externas e internas que lles choraran, e lles seguiran chorando ata que a morte tamén os arranque do mundo coñecido...e así coma sempre foi, e coma sempre será. Os vivos preocupanse dos mortos e os mortos dos vivos

-Mañá é día de difuntos, vai vir moita xente
-Non, mañá é día de todolos santos, o día de difuntos é o día dous
-Da igual mañá é cando vai vir a xente porque é o festivo
-Se pone todo tan bonito ese día...
-Psss a miña siesta eche sagrada, tanto de vivo coma da morto, así que por min que non molesten
-Manda carallo!! non te chega o descanso eterno, que ainda tes que botar unha siesta...para descansar de qué?
-De todo o que traballei en vida, mira tí
-Se se deixaran de tantas flores e me trouxeran un ramillete de Winston, ben que llo agradecería
-Un libro, para ler nas horas mortas
-A min que me traian unha pota de caldo e unha cunca de viño
-Una fiestecilla, rachí como en los 80... “me asomo a la ventana veo la chica de ayer”...
-Y una copita de anís y una televisión para ver a María Teresa
-Bueno así coa mesma vemos o partido
-Eu casi prefiro a radio
-Veña non nos poñamos exquisitos

Outro incomodo silencio no que quizais cada cal pensou no que máis botaba de menos da vida terrenal, naqueles praceres que os seus sentidos levaban ó seu cerebro e lles recorrían o corpo enteiro cando gozaban del

-A alma está sobrevalorada
-Dende logo
-Claramente
-Bueno cuando llegue el día del juicio final, ya veremos qué almas se salvan
-Pero mira qué sodes empecinados os católicos, arre demo, que ainda despois de mortos creades que vai vir Xesús a salvarnos, ti ves algún que se chame Xesús por aquí? Ou a un Pedro que leve chaves?
-A mi la fe no me abandonará nunca
-Pois tes o corpo bonito ti, para a resurrección da carne, se só tes osos
-Ahí levas razón, tanta dieta en vida para agora suspirar por ter un pouco de carne
-Qué materialistas sois, la fe va más allá de todas esas anécdotas que contais
-Si, si, e tanto qué vai máis alá, vai tan alá, que naces, pasache a vida por diante, morres, e cando pensas que vai vir un anxeliño a explicarte de que vai todo esto, atopaste coa NADA...tanto ten SER coma NON-SER, este mundo non hai quen o entenda, nen vivos nen mortos

sábado, 2 de octubre de 2010