miércoles, 28 de julio de 2010

NOS


Raul deixa o Real Madrid, e a verdade é que importarianme ben pouco, tanto Raul coma o Real Madrid, se non fora porque ese home é da miña idade. O millor tamén teríame pasado desapercibido se non fora porque presenteime para unha audición a un papel de filla, e elexiron a xente da miña idade para o papel de nai.

Todo isto faime divagar…

Xente do meu redor, da miña quinta, insisten na nosa xuventude. Pero non podo deixar de pensar que pertencemos a unha xeración lenta…A maioría dos “un pouco máis maiores” non puideron estudiar, eran moitos, os do boom demográfico, os primeiros educados en democracia, os primeiros en moitas, en tantas cousas; a maioría dos “un pouco máis pequenos” non quixeron estudiar, son os da ESO, que dicir deles sen caer na demagoxia.

E ahí no medio quedamos nós, fillos de xente feita a sí mesma, eramos JASP (jovenes aunque sobradamente preparados) estudiamos carreira universitaria, viaxamos ao extranxeiro a estudar idiomas, fixemos Masters e postgrados, e nese prepararnos para o futuro chegamos aos 30, cando xa temos que facer papeis secundarios de nai ou pai, ou retirarnos a equipos de segunda clase porque a xeración que ven detrás non vai pasar tanto tempo ensaiando, teñen pensado tirarse á vida de cabeza, sen mollarse primeiro o pescozo nen entrar pouco a pouco para evitar un corte de dixestión.

Non serei eu quen critique ningún estilo de vida, cada un que disfrute como poida, non hai un patrón común… Rapaces isto non é un ensaio xeral, isto é a representación final, é só hai unha oportunidade, así que cadaquén busque a súa felicidade

viernes, 23 de julio de 2010

Pasaporte

Teño que renovar o pasaporte.

Chamo ó 010, a teleoperadora dame a información ó instante, “pode pedir cita no 902… ou ir pola tarde de 16.30 a 19.30 a comisaría dos cantóns sen cita previa”…é tan sabia,tan rápida, concisa e certera…ok, parece doado.

As 18.30 da tarde personome na comisaría dos Cantóns, a simple vista calculo unhas 15 ou 20 persoas, dirixome a un policía de mediana edad:

- Viña a renovar o pasaporte
- Non damos número
- Cómo?
- Tes catro persoas diante, pero non damos número

Entendo que teño que pedir vez de viva voz, unha señora de pelo cano dime que ela é a última, sentome detrás e preparome para esperar tranquilamente ata que chamen a señora de referencia.

De novo parece doado, pero a señora dase a volta e empeza a explicarme…resulta que unha estrana máquina-de-dar-números, que controla o policía, non está dando número para os que vimos a renovar o pasaporte, si para os dos DNI, pero non para nós. Entón temos que esperar por si a máquina empeza a dar números.

¿? Ummm o sistema non é coma eu pensaba. Levantome e dirixome ó policía

- Entón hoxe a máquina non da número
- Non polo de agora non (…)
- Pero volve a dar números esta tarde
- Ahhh (e encolle os hombros en sinal “pode que si, ou pode que non”)

Refírense a esto con que os galegos non se sabe si subimos ou baixamos??? Ou é un mal do funcionariado en xeral. Xa son as 19.00 esto pecha as 19.30, as catro señoras que esperan sen número para renovar os seus pasaportes seguen alí sentadiñas…as probabilidades de que a máquina de número, e que poda resolver os trámites en media hora son poucas…decido marchar

- Bueno, pois xa volvo mañá as 16.30, a máquina xa dará número, non?
- A ver…
- Pero non abrides as 16.30
- Si, pero o luns había cola dende as 14.30 e agotaronse os números, hoxe houbo menos cola

Unha rapaza do lado colabora na conversación

- Claro eso é porque o luns choveu, hoxe como vai sol…

Ahhhhhh!!! Marcho e pido cita no 902…

O día 16 as 09.30…xa vos contarei como vai ese outro sistema