lunes, 24 de noviembre de 2008

RELAX


A búsqueda do benestar de corpo e alma ten moitas variantes.
Nesta ocasión tentamos procurar os beneficios do ioga e da relaxación, xuntamonos un grupiño de amigas, habilitamos o salón de casa e comezamos unha sesión de estiramentos. Aquí nos tedes nun dos movementos do “saúdo ó sol”, fotografía tomada e cedida polo meu fotógrafo particular.
Podería seguir a falar dos múltiples beneficios que nos reportou a sesión, e de cómo logo durmin pracenteramente cos meus músculos e a miña mente en perfecta sintonía con Morfeo…Sen embargo, a elección do día non foi a adecuada, por problemas de axenda tivemos que xuntarnos un venres pola noite, e a nosa cultura, quizais non tan milenaria como a oriental pero si de séculos atrás, acabou impoñéndose. Tras media hora de ioga sentamonos no sofá a falar e beber, o modo de relaxación occidental.
A noite seguiu co deporte nacional, baixamos a rúa para ir de bar en bar, eso sí, escoitamos blues en directo, o que non é moi patriótico, un bó directo o de Carlos Childe Troupe, no Joana´s place, un antro con encanto.
Acabei a noite comendo unha hamburguesa grasienta e preguntándome, co cerebro en stand by polos brebaxes consumidos, e a conciencia intranquila, en qué momento virou a noite de rumbo. Pero qué podo facer eu, ó fin somos follas sacudidas polo envite do destino.

martes, 18 de noviembre de 2008

NO MAR


Para min Galiza e o mar son un só elemento.
Imaxino que haberá xente do interior que non pense o mesmo, pero cada un está alentado e é escravo das súas circuntancias.
Meu pai cando alguén lle pregunta pola súa profesión soe dicir “O que hai que facer para non ir ó mar” é unha frase irónica e divertida que esconde unha gran realidade. Na nosa fuxida á sofisticación das cidades tivemos que inventarnos traballos para non ter que labrar ou pescar. E nestes momentos existen traballos moi raros. Fixenlle un seguro a unha muller e ó preguntarlle o emprego dixome que xestionaba liñas 902 para empresas ¿? Como tamaño emprego non me cabía na solicitude puxen administrativa que é un bo caixón desastre. Teño amigos cunha grande variedade de traballos, transportador de “tochos”, guionista nun reality show (se tratan da realidade para qué necesitan guionistas?), masaxeadora de cabezas nun estanco “comprando LM light te liberas del estrés”, observadora das enfermidades dos árbores, medidora de gambas, cortadora de etiquetas de roupa, vendedora de enciclopedias que explican que facer se un neno se traga un alfiler…En fin todo isto “para non ir ó mar”
Acompaña esta breve disertación unha foto de Alex dun peixiño do acuario.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Saída da oficina

Media hora antes da saída da oficina…empezaba a perder a paciencia. Sentía un oco enorme no estómago, como todolos días a esta hora, pero hoxe este oco estaba cheo de odio. Qué podía facer se tiña ganas de matalos a todos? Agora entendía as matanzas que se producían en EE.UU, se ela tivera nestes precisos intres unha pistola no peto seguramente os seus compañeiros de traballo xa non estarían vivos. Se regodeaba imaxinando a noticia ó día seguinte no telexornal, cos seus veciños contestando ós periodistas “sempre foi moi educada, non se metía en problemas e parecía unha persoa normal” E eles que saberán, se non a coñecen de nada, só se cruzan no ascensor ou na porta e por iso xa pensan que é “normal” Entérense veciños, poderían vivir a carón do monstruo de austria e pensar que é un apacible xubilado.
15 minutos para a conta atrás e todo pode pasar. Unha mala palabra, unha mirada, un roce ou simplemente unha chamada, e o sentemento que ruxe no seu interior pode estoupar como unha bomba. Que ocurriría se pasara? Se en vez de seguir coa súa anodina vida de oficinista prendera lume ao seu pasado, física e psicolóxicamente, e comezara unha vida de riscos fora do políticamente correcto? Ser unha prófuga da xusticia, escapar de todo e de todos, vivindo soa e en completa liberdade, lonxe de convencionalismos sociais. Atracar bancos, como o solitario, por anarquismo, nunca por codicia. Extorsionar a grandes empresarios en prol da xustiza social. Sabotear as liñas telefónicas para que as persoas se comuniquen ao estar incomunicadas. Deixar sen gasolina as estacións de servizo e a xente se mova a pé ou bicicleta…
Xa só quedan 3 minutos e parece que todo vai seguir o seu curso normal, van saíndo todos, despídense ou fan acenos coa cabeza mentres falan polo móbil, colle as chaves, pon a alarma e pecha a oficina.

jueves, 6 de noviembre de 2008

QUEMAR DESPUES DE LEER

Fumos ver a última película dos irmans Coen. Facía tempo que non ria dese modo no cine. Non vou caer no topicazo de chamarlle humor intelixente e darmas de intelectual, pero aborrezo ese humor yanki de caca, culo, pis e nesta película logran o absurdo, a base de enredos e malentendidos, sen caer no escatolóxico. Me encantan George Clooney e John Malkovich en case todo o que fan, e é de destacar moi favorablemente a Frances McDormand. A mi Brad Pitt deixame bastante indiferente salvo moi honrosas excepcións.

O subtítulo que lle puxeron “a intelixencia é relativa” define ben a sinopse. As vidas duns e outros mistúranse sen chegar a encontrarse, cada un monta na súa cabeza a historia que máis lle peta e a realidade non ten cabida. Non se escoitan entre eles, cada un coa súa teima remata a pelicula sen saber moi ben que pasou.

Sen chegar a bufonización da peli, cantas veces na nosa vida ante un mesmo feito cada un saca unha conclusión diferente? “Pero si nos dijo claramente que…” “pero yo creo que lo decía porque…”

Somos unha especie moi imperfecta, a pesar de ter infinitas linguaxes de comunicación cóstanos moito entendernos, e cada un de nos se cree na posesión da verdade absoluta, o que, temos que recoñecer, non axuda moito.

Xa o dixo Punset, (cunha explicación supercientífica que non vou a repetir aquí porque non a recordo, a quen lle interese que lea “La búsqueda de la felicidad”) a memoria non só é selectiva, senon que nos mesmos completamos os recordos con invencións propias.

Todo é relativo, así que millor será que non nos tomemos moi en serio a nós mesmos.

E A TI, QUE CHE PARECEU A PELICULA??

domingo, 2 de noviembre de 2008

Melancólico domingo post-difuntos, ay, teño o cemiterio tan cheo.
Recordo a última peli de Almodovar, comeza cunhas mulleres limpiando tumbas nun cementerio o día de defuntos. Para moitos a visita o cementerio é unha tradición da que fuxir para encarar un Halloween moito máis festivo, imaxino que se poden facer ambas cousas, pero aquí e polo de agora somos máis de non deixar os nosos sós nin despois da morte, aínda que xa non sirva de nada.
Bueeeeeno e mañá a currar

sábado, 1 de noviembre de 2008

o soho

Segundo día da feira do orzan. Pouca xente, moita choiva, meigas, quiromancia, pulpo, empanada e amigos...Galiza en estado puro. Este é o meu primeiro escrito, seguiremos en contacto