miércoles, 28 de julio de 2010

NOS


Raul deixa o Real Madrid, e a verdade é que importarianme ben pouco, tanto Raul coma o Real Madrid, se non fora porque ese home é da miña idade. O millor tamén teríame pasado desapercibido se non fora porque presenteime para unha audición a un papel de filla, e elexiron a xente da miña idade para o papel de nai.

Todo isto faime divagar…

Xente do meu redor, da miña quinta, insisten na nosa xuventude. Pero non podo deixar de pensar que pertencemos a unha xeración lenta…A maioría dos “un pouco máis maiores” non puideron estudiar, eran moitos, os do boom demográfico, os primeiros educados en democracia, os primeiros en moitas, en tantas cousas; a maioría dos “un pouco máis pequenos” non quixeron estudiar, son os da ESO, que dicir deles sen caer na demagoxia.

E ahí no medio quedamos nós, fillos de xente feita a sí mesma, eramos JASP (jovenes aunque sobradamente preparados) estudiamos carreira universitaria, viaxamos ao extranxeiro a estudar idiomas, fixemos Masters e postgrados, e nese prepararnos para o futuro chegamos aos 30, cando xa temos que facer papeis secundarios de nai ou pai, ou retirarnos a equipos de segunda clase porque a xeración que ven detrás non vai pasar tanto tempo ensaiando, teñen pensado tirarse á vida de cabeza, sen mollarse primeiro o pescozo nen entrar pouco a pouco para evitar un corte de dixestión.

Non serei eu quen critique ningún estilo de vida, cada un que disfrute como poida, non hai un patrón común… Rapaces isto non é un ensaio xeral, isto é a representación final, é só hai unha oportunidade, así que cadaquén busque a súa felicidade

No hay comentarios: