lunes, 29 de diciembre de 2008

"La Ola"


Onte fun ver a película alemana traducida ó castelán como “La Ola” Un mestre dun instituto, que ten que dar unhas xornadas sobre a autocracia durante unha semana, decide poñer na práctica as principais consignas de toda dictadura. O experimento trata de dar resposta a seguinte pregunta ¿sería posible a instauración dun réxime autocrático nos nosos tempos?
Tal pregunta pode plantexar algunha dúbida en Alemania, que o fin e o cabo están arrepentidos e sinten verdadeira vergoña do acontecido durante o Tercer Reich, non me plantexa tanta dúbida en España, onde aínda agora podemos escoitar aquelo de “Con Franco viviamos mejor” dito con orgullo e coa cabeza ben alta (que hay que joderse)
Idolátrase a xente con poder, sen importar a súa ideoloxía nin os seus feitos, o caudillo de turno terá un séquito tras el, alagados con só sentarse a súa mesa, e non estou falando do pobo, estou falando sobre todo daqueles considerados élite, banqueiros, intelectuais, millonarios e grandes empresarios, que son os máis zalameros cos poderosos, eles, qué precisamente teñen a opción da crítica.
Así que a miña reflexión non é tanto colectiva, estou segura de que España non aprendeu dos seus erros, se non máis ben individual, ¿de qué sería eu capaz?
Podería eu apoiarme na masa para realizar actos que nunca faría doutro xeito? Deixaríame arrastrar pola seguridade que facilita o grupo? Eu nunca me sentín parte dun todo, o meu individualismo paréceme máis un defecto que unha virtude, pero o poder da suxestión colectiva é inmensa e da medo. Quén pode sentirse libre de caer en tal mal?

sábado, 27 de diciembre de 2008

Unha nación, unha selección


Nun mundo de pensamento dirixido e costumes uniformes da gusto sentirte parte dunha pequena comunidade diferenciada, nin mellor nin peor, simplemente única e distinta. Dende logo non serei eu das que digan que nunca bebe Coca Cola (sobre todo se vai acompañada de ron) ou que non pisa un McDonalds, a comida basura tamén ten o seu aquel, non todo van ser grelos, pero síntome unha grande privilexiada ó poder ir tomar unha ración de pulpo cando me peta, e de poder acabar unha cea cun licor café que quenta ó ánimo. Non vou entrar en tópicos porque para iso xa temos o anuncio de Gadis, e ben contentiños que quedamos todos cando o escoitamos por primeira vez, “sintámonos orgullosos de ser galegos” e enchémonos de fachenda e creceunos o sentimento patrio para algúns, o sentimento rexionalista para outros. Que máis da, na orden práctica chamarnos nación ou rexión, ó caso é que ningún outro pobo de España é coma nos, ninguén fala coma nos, ninguén come coma nos (saíu un estudo sobre a Dieta Atlántica) e por suposto ninguén ten este carácter tan noso.
Somos unha das nacións españolas máis conservadoras, aquí un partido nacionalista de dereitas forrábase a votos, moito se especulou sobre Cuíña, Meilán e non sei quen máis, pero grazas a devires do destino, ninguén se decidiu a formar tal partido (e non quero dar ideas, deus nos libre dun demo así)
Este sábado xoga a Selección Galega, Riazor será unha festa, cantaremos o himno, ondearan as bandeiras, entonaremos consignas nacionalistas e virán xogadores galegos que viven noutros países para xogar xuntos por Nadal. Levarei os meus curmáns para que cheiren ese espírito, tan difícil de encontrar nas escolas coruñesas, xa estivemos ensaiando o himno e faleilles de Pondal, coas súas barbas brancas ondeando o vento, mentres montaba a cabalo polos montes de Ponteceso. Non sei con que se quedarían as súas pequenas mentes sempre indescifrables, eu conteino o mellor que souben.

jueves, 18 de diciembre de 2008

"Y LA VIDA PASÓ..."


“Y la vida pasó, como pasan las cosas que no tienen mucho sentido…”
As veces vexo a vida dende fora de min, coma se dun demiurgo se tratara, e eu mesma teño os fíos do meu propio títere, que se move ante os demais interpretando cada papel que lle toca neste teatrillo, agora son filla, agora amiga, administrativa, bailarina, uns días mala, outros boa. É entón cando me plantexo que sentido ten todo, e por suposto atea como son, non lle encontro máis obxeto que vivir por vivir. Non me atrevo a morrer, aínda me queda moito por ver, e curiosa como son, non mo quero perder.
Meu títere non para de correr, parece que se continuo movendo os fíos a toda máquina non vou ter que pensar, se me concentro en actuar para o mundo, cara os outros, cos meus distintos roles, non vou ter tempo de votar de menos nestas festas, aínda non podo crer todo o que pasou este ano. Son unha representación de min mesma, coma un debuxo. Miñas amigas psicólogas seguro teñen un nome para este síndrome.
Sempre me gustou o Nadal, gústame beber, comer, reunirme coa familia, brindar cos amigos, facer regalos e recibilos. Pronto comezará un novo ano, a miña cabeza ferve chea de ideas, xa comprei a axenda 2009, agora comezo a enchela de bos proxectos, espero poder cumprilos e que vos podades lelo.
A pintura é de Eva Alfonso, non deixedes sen visitar o seu blog, http://elespejoamarillo.blogspot.com/

viernes, 12 de diciembre de 2008

W.C.


Os temas escatolóxicos parécenme un mundo apaixoante e por descubrir. Nesa pequena estancia da nosa casa chamada baño poden pasar cousas moi interesantes, pero qué contar dos pequenos habitáculos aos que as necesidades, sempre inoportunas, te empuxan. Todos temos cousas que ocultar. Quen non mexou borracho nun parking sabéndose a salvo de todas as miradas, e ó acabar veu unha cámara grabando xusto enfrente do lugar elexido…e se votas unha cagada inmensa e olorosa nun bar e ó sair encontraste a algún coñecido que xusto vai entrar a admirar a túa obra olfativa, tes a opción de dicir “uf q mal hule ahí dentro” para ver se escurres o bulto, pero seguramente quedarás calado dirás un “Hola, qué tal” rápido e fuxirás do bar a fume de carozo para non verlle a cara ó sair.
Chegas a casa duns amigos do teu novo mozo e non funciona a cisterna, tras moito meditar qué facer, e tentar votar auga co vaso dos cepillos de dentes, tes que sair do baño, ó sair te dirán “Ay no te dije, la cisterna no funciona” e terás que decidir, dar a cara ou pasar de todo, a resposta dependerá de cada un e da cantidade de xente que haxa na cena.
Sonadas son as anécdotas cando olvidas pechar a porta, existen persoas con sorte que dada a disposión do retrete nalgún albergue, quedaronse caladiñas e moi quietas e conseguiron pasar inadvertidas mentres o intruso lavaba a cara e os dentes e saía tan tranquilo.
Todos cagamos, é un acto común a todo xénero humano, jiña a raiña en Zarzuela, defecará Barak Obama cando chegue a casa branca, evacúa as suas heces Bin Laden nas covas de Afganistan, e xa non falemos das grandes estrelas de cine, porque incluso os hai adictos as lavativas.
O debuxo do retrete en cuestión é obra de Tere Tinaquero.

martes, 9 de diciembre de 2008

Madrid


Fin de semana na capital do estado, choveu a esgalla pero pasei uns dias moi ben aproveitados. O espíritu navideño invadiu Madrid e miles de almas achegamonos a velas luces, as tendas e todo o que ten que ofrecer tan grande urbe. Extendeuse a moda de comprar puchos absurdos, e paseando tranquilamente de súpeto podes encontrar un grupiño de andaluces con gorros de Papa Noel con música e luces, ou unha manada de ingleses con renos na cabeza, espeluznante.
Moi recomendable a reposición do espectáculo da Cubana “Comeme el coco negro” sobre todo para aqueles que lles gusta a Revista (Felix tes que ir) Aconsello entrar no teatro con tempo, e sentarse preto do pasillo central, je je, e ata aquí podo contar.
Estiven no Certame coreográfico de danza, gañou unha parella da miña escola, había moi bo nivel, así que non podo deixar pasar a ocasión sen comentar que dende que está o bipartito, a danza gañou moito en Galiza, culturalmente o cambio político foi un subidón de ánimo.
O Berlín Cabaret na Latina pon unha nota de cor nas copas nocturnas, a cada hora saen do subsuelo, cal se sairan do armario, drags bailando e facendo playbacks, encantoume.
A exposición de García-Alix no Reina Sofía, resultoume grimosa, tanta foto de xente pinchándose non agrada o día dende logo, pero haberá a quen lle guste. Parei na sala onde se expon o Gernika, e a sensación foi como se xa o vira antes, non impresiona nen para ben nen para mal, e tal cual se ve nos libros do cole.
O domingo fun con Noe a ver El debate del GH, estiven brindando con champan co equipo e os colaboradores, Kiko aparenta moito máis maior na tele que en persoa, Lidia Lozano está tola pero é moi agradable e Jorge Javier, que fai continuos comentarios sexuais, está operado da miopía e para sair na tele ponse gafas sen graduación. Rematamos nun bar que se chama Junco e que tocan blues en directo, moi bo ambiente.
O luns de compras por Chueca, que obsesión cos zapatos teñen nese barrio. Van cerrar o mercado de Fuencarral para facer pisos, di Noe que ía pouca xente, que pena.
Mención especial para Noelia e Rubén pola hospitalidade, moitas grazas!!!

martes, 2 de diciembre de 2008

ANCARES


Fin de semana na Galiza profunda, e que ben se respira nas profundidades da nosa terra. Viven nos Ancares 1800 personas, pero o sábado foron 1832. En plena alerta por temporal uns arriscados urbanitas (mal que lle pese a algún, ser así denominado) de moi distinta procedencia, galegos de aquí, galegos do bierzo, unha salmantina, polacas e alemáns ascenderon as cumbres nevadas da nosa fronteira natural.
Non me gusta demasiado a paisaxe dos Ancares, según Miguel talaron todolos montes para construir a armada invencible, e eu son máis do Caurel, montañas suaves con árbores, paxariños e frores. Sen embargo coa neve recén caída, blandiña e sen pisar, a estampa era inmellorable.
Pedro e Mariló acolléronnos no seu albergue, Campa da Braña, coma sempre, con familiaridade, en ningún momento parece que estás no seu negocio, semella que estés na casa duns amigos. A chimenea encendida, a comida inmellorable (qué ben cociñas Mariló!!), bebida e música ambiente, boa xente conversando, unha queimada, especial para os de fora, e a durmir cada un no seu saco. O sono xa non foi tan idílico, parece que había moita nariz atascada e a serenata foi digna da Orquesta Sinfónica.
Non tivemos problemas na carretera, as quitaneves estiveron alerta e traballando, grazas a que Mariló tivo que remover concellos e diputacións, poñer queixas e chamar a prensa, para que o venres, xa comezada a nevada, os seus fillos puideran voltar do colexio, eche xente loitadora a que queda no rural. Quizais non tiveron máis remedio que facerse reivindicativos tralo abandono continuo das institucións. O despoboamento do campo galego non é por gusto, é polos disgustos que se leva a xente ó comprobar que son cidadáns de segunda clase. A foto desta vez é cortesía de Oscar Pedrós.