domingo, 23 de octubre de 2011


Sábado 29 outubro

ROSALIA DE CASTRO. 21:00 h.
ESTREA: AS NENAS PERDIDAS
Compañía Femme Fatale (Galicia)
Coa participación especial do: Micky Nervio & The Bluesmakers, Carla de Figueredo Y Cabe + outros artistas convidados.

Entrada de balde!
GRATUÍTO PREVIA ENTRADA DE INVITACIÓN.
Podedes retirar o voso convite no Kiosko da Praza de Ourense ou na taquilla do propio teatro (un máximo de 3 por persoa)

martes, 20 de septiembre de 2011

OOOMMM


Zozobra, confusión, extravío, angustia, desarraigo, tristura

Obesidade mental que impide alixerar os pensamentos

O establecido deixa de ter sentido, carece de valor, e a tolemia xurde do afastamento entre o que é, e o que debe ser

A transgresión convertese na verdadeira norma, frente a obsoletas pautas doutro tempo

Durante a caída, te acostumas a ver sombras, pero chegará un momento de elevación

Renacer con luz propia

martes, 28 de junio de 2011

APARENTE-MENTE



MÉRCORES 29 - XOVES 30 de xuño ás 20:30h (escolle o día que prefiras).
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos
Duración: 90 minutos. Gratuíto.

Un espectáculo de creación colectiva do grupo de creación escénica da canteira manicómica, dirixido por Gonçalo Guerreiro e Carlos Sante.

APARENTE-MENTE é un espectáculo que xorde logo do obradoiro de Creación Escénica que se leva a cabo dentro do programa de formación en artes escénicas da A.C. Manicómicos na Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas como o clown, o teatro xestual, o bufón, o cabaré, a danza ou o novo-circo, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

Estamos ante un espectáculo sorprendente tanto pola súa frescura e riqueza interpretiva, como pola súa posta en escena a partires do espazo vacío.

APARENTE-MENTE trata, aproveitando as disciplinas antes mencionadas, o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou alá? como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas?

Elenco: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Carmen Cotelo, Teresa Babío, Raquel Mosquera, Carmen Cotelo, Yago Concejo, Ate, Uxía Vázquez, Tareixa Cambeiro, Mónica Suárez, José Varela e Marcial Blanco.

jueves, 10 de marzo de 2011

CABARET


O 19 de Marzo a partir das 20.30 podedesme ver no ExpoCoruña, dentro do festival Espazos que danzan. Entrada gratuita...ANIMADEVOS!!!!

viernes, 28 de enero de 2011

O demo


Ten o home un demo dentro que lle saca o corazón,
que llo esconde entre a codicia, o poder e a corrupción
Quedan moitos, quedan oh!, que non caen na tentación,
multitudes caladiñas as que ninguén presta atención
Falan outros, mentirosos, mentras texen na ambición
unha rede, hipocresia, na que o mundo sempre foi

Marchar hei meus compañeiros
a buscar algo millor
auga limpa, fresca fonte
a ledicia do frescor

Non che sei meu doce neno
se esta busca é interior
vai por dentro vai por fora
poderei con esta dor

viernes, 21 de enero de 2011

CRASH- Para Chus

PI PI PI PIPI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI

Ummmmm comeza a rutina diaria, apagar despertador, refunfuñar, desperezarse, pensar qué día é hoxe, chegar a unha conclusión, mércores, levantarse, frio, ducharse, vertirse, ¿que me pongo? ver qué tempo fai, chove a mares, almorzar, “buf, hoxe non fago a cama” calzarse, poñerse abrigo, coller paraugas, a mochila do ximnasio, o bolso, as chaves da casa na man para cerrar, a chave do coche localizada para non tardar en abrir baixo a chuvia…LISTA PARA COMEZAR UN NOVO DIA LABORABLE

Uy, uy...cuidado cando saes do ascensor están fregando o portal, non sería bo esvarar, saio moi a modiño, como pisando ovos, e proba superada, a muller que limpa nin me mirou, ten os cascos postos, o millor nin me escoitou, o millor podería caer romper a nuca contra a escaleira e ela seguiría escoitando a súa música “All the single ladies, all the single ladies…”

Xa estamos baixo a borrasca, o coche está preto, non paga a pena abrilo paraugas, comezo a andar baixo a chuvia, será millor abrilo, ó accionar o sistema de apertura do paraugas, cae o bolso do hombro e queda colgado do codo, Aja! se fas algún movemento máis correremos o perigo de que tamén caia a bolsa do ximnasio e ahí si teriamos un problema co peso. Co paraugas a medio abrir na man esquerda, o bolso no codo do brazo dereito e a mochila no hombro, chego ata o coche empapadiña e teño que coller a chave, apoio o paraugas no chan contra o coche, que por suposto cae nun charco, e coa man esquerda busco a chave, que non tardo en encontrar…xa que tivemos os miolos suficientes de deixala ben localizable.

Sentada no coche, a salvo da chuvia, calefacción a tope, luces, radio e arranco.

Tráfico denso, como corresponde a un día de auga, non me chegaron as horas de sono, teño que acostarme máis cedo, necesitarei un segundo café para comezar o traballo.

Un fermosisimo paxaro voa diante de min, de proporcións perfectas voa cun ritmo acompasado, relaxado, case hipnótico, os meus ollos non son quen de apartarse do seu camiño e sinto paz no meu interior, un sosego quente que sube dende os pes a cabeza enchendo toda parte do meu corpo co seu candor. É pequeniño, ten o pico dourado, o peito vermello e o lombo verde auga, as súas as están cheas de cores, naranxa, morado, amarelo, gris…case parece unha bolboreta

CCCCCRRRRRAAAAASSSSSHHHHH

Colisión en cadena nos accesos a cidade “perdoa, despisteime” Seis coches e un camión, o camión levaba galiñas que dalgún modo consiguen fuxir do seu destino cruel, os vehículos obstaculizamos un carril de entrada, pero as galiñas ocupan os outros dous. Colapso na cidade en hora punta