martes, 28 de junio de 2011

APARENTE-MENTE



MÉRCORES 29 - XOVES 30 de xuño ás 20:30h (escolle o día que prefiras).
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos
Duración: 90 minutos. Gratuíto.

Un espectáculo de creación colectiva do grupo de creación escénica da canteira manicómica, dirixido por Gonçalo Guerreiro e Carlos Sante.

APARENTE-MENTE é un espectáculo que xorde logo do obradoiro de Creación Escénica que se leva a cabo dentro do programa de formación en artes escénicas da A.C. Manicómicos na Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas como o clown, o teatro xestual, o bufón, o cabaré, a danza ou o novo-circo, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.

Estamos ante un espectáculo sorprendente tanto pola súa frescura e riqueza interpretiva, como pola súa posta en escena a partires do espazo vacío.

APARENTE-MENTE trata, aproveitando as disciplinas antes mencionadas, o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou alá? como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas?

Elenco: Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Carmen Cotelo, Teresa Babío, Raquel Mosquera, Carmen Cotelo, Yago Concejo, Ate, Uxía Vázquez, Tareixa Cambeiro, Mónica Suárez, José Varela e Marcial Blanco.

No hay comentarios: