sábado, 18 de febrero de 2012

COR


Gris levaba tempo ameazando cunha invasión total

Moitos estaban dispostos a comezar a loita. Capitaneados polo esperanzador Verde trataban de facer ver que o fin do mundo multicor era un perigo real.

Aparentemento o seu discurso caía en saco roto, tachabanos de alarmistas, ó fin, xa pasaran por momentos complicados, ademais a cousa aínda non pintaba tan mal.

Fora como fose o Gris estabase comportando dun modo brutal. Nunha avalancha de avaricia e egocentrismo enterraba as distintas cores coma se dunha bola de plastilina se tratara, unha desas usadas que se olvidan baixo un sofá. Marrón, Caqui, Ceruleo, Beis, Crudo e ata o Rosa, noutrora brillante e romántico, comezaban a perder personalidade.

Qué facer?

O inmovilista Azul continuaba co seu lema de "laissez faire, laissez passer" xa se arreglaran as cousas soas. Cor primario e presuntuoso, non se quería dar conta de que un ceo azul sen un sol amarelo non luce, un mar que non bate na branca area non é mar, un iris azul non é fermoso sen unha pupila negra...Pero Azul sempre foi así, conformista co estado imperante das cousas, nunca avanza ata que alguén o fai avanzar

Co Vermello xa non se podía contar, ía vello, e aínda que de cando en vez trataba de sumarse a loita, sempre o facía tarde, e a expensas de que alguén o levara da man

Amarelo nunca foi unha cor de confianza, da medo, sempre o deu. Solitario e incomprendido, culpado da morte de Moliere, das pestes, e do calor que azota os infernos, como podería liderar unha revolución

Ó Violeta faltalle forza, non porque non a teña, se non porque non acaba de crerse unha cor independente...si Violeta, si, ti existes, comeza a bailar sóa sen deixarte levar nun vals

Blanco, eu estou convencida de que será o blanco coa súa pureza, quen nos libere de acabar sendo todos grises. O blanco, porque nel están presentes todos os demais cores

No hay comentarios: