sábado, 30 de enero de 2010

Para Felix


Discrepamos acerca da última película de Rob Marshall

Partimos da base de que o filme non mostra nada novo. Lembra moito a “All that Jazz”, o artista sumido nunha crise de creación, e tenta ser un homenaxe a Fellini, cun erro de reparto brutal, presentando a Nicole Kidman como un trasunto de Anita Ekberg…quen pode tragar iso!!!!

Eu saín contenta do cine, non así os meus compañeiros de butaca. Moito ten que ver que son unha namorada dos musicais, de sempre levo unha banda sonora insertada no cerebro, que fai que poda comezar a bailar ou cantar en calquera situación.

Pero mellor non falar de min. Guido, maxistralmente interpretado por Daniel Day-Lewis, vese empuxado fóra da vida real pola súa imaxe pública. A figura por el mesmo creada de cara a prensa e ó publico faise co seu Ser, de tal maneira que confúndese persoa e personaxe. Ay…cantos coma el haberá por ahí…sobre todo nestes tempos que corren. Non estou só a falar dos persoeiros que saen nos medios, falo tamén daqueles profesionais anónimos pero altamente competitivos, que pasan tanto tempo mentindo e actuando de cara aos clientes, con ese sorriso perpetuo, ese apretón de mans, esa postura corporal correcta e confiada…que a súa persoa acaba sendo devorada pola súa imaxe…e despois como pode saber un quen é…

O protagonista ironicamente comeza a vivir nunha das súas películas, pero non é capaz de comezar a película que se comprometeu a rodar. Así a súa mente vaga entre ficción e realidade como navegamos todos cos nosos pequenos cerebros dentro desta subxectividade da que moitos renegan e que sen embargo é consustancial a humanidade.

O cine é divertimento. O importante é que saes feliz, co ritmo no corpo e con ganas de vivir, unha inxección de alegría e de Dolce Vita moi necesaria neste momento.

1 comentario:

Euryale dijo...

Pois precisamente a película que mencionas, "All that jazz", paréceme moito millor ca esta... A case perfecta fusión entre os números musicales e o desenrolo da trama que acadara Marshall en "Chicago" (que ó meu entender supón a evolución natural do cine musical) aquí desaparece, salvo nas dúas cancións de Marion Cotillard, que me pareceu a millor da función.