sábado, 27 de febrero de 2010

ACUARIO


Cómo podía vivir entre tiburóns e non darse conta do perigo que corría?

O cabaliño de mar non daba crédito o que estaba acontecer, o tiburón acababa de comerse o pez globo. Non é que o pez globo caéralle en gracia, precisamente era un ser bastante despreciable, enchido de si mesmo, pero a sorpresa do ocorrido abriulle os ollos a un mundo novo dentro do mundo de sempre.

Vivía nun acuario, nunha piscina grande onde todos estaban ben alimentados, coas necesidades primarias ben satisfeitas. Un auga san, quentiña e limpa onde durmir, comida abundante, sempre as mesmas horas, actividades lúdicas tres días a semana, e incluso as veces, viaxes a outras piscinas. Nunca, endexamais na súa vida, pasaraselle pola mente que un dos seus compañeiros puidera ser tan avaricioso, tan codicioso, tan ávido de protagonismo, tan egoísta, tan…de comerse por divertimento a outro. E para máis, o tiburón, o peixe máis grande do acuario, o que máis agarimos recibía dos traballadores e do público. A súa dieta ía aparte da dos demais, tamén facía exercicios extras nunha piscina habilitada para el, pois comía tanto que necesitaba nadar moito para gastar enerxías e non volverse obeso.

Pero todo deu igual, a estrela do acuario, zampouse a un compañeiro porque sí, porque lle deu a gana, porque podía facelo, e como podía, quixo demostralo. A súa fachenda nos días seguintes dicía “ten tino, o próximo podes ser ti”

O cabaliño xa non podía confiar en ninguén, a competitividade dentro da piscina para caer ben ó tiburón e os peixes máis grandes notabase nas agallas, nadaban nun mar de egoísmo e falsidade absoluta. Cada peixe quería poñer a salvo as súas aletas, todos falaban de traballar en equipo, pero non existía conciencia grupal, o ambiente estaba enrarecido.

Así e todo, as augas voltaron o seu cauce, é certo que a falsedade, a competitividade, o egoísmo, a codicia, o medo o tiburón, seguía existindo, pero o pequeno cabaliño non podía ser consciente todo o rato da realidade, porque o mal da súa piscina era insalvable, el non podía facer nada, só seguir nadando.

E así o fixo, chegou un momento que esqueceuse do sucedido, voltou confiar nos seu compañeiros, voltou a vivir tranquilo…se o seguinte en converterse en alimento ía ser el, decidiu que sería feliz ata ese momento.

No hay comentarios: