viernes, 28 de mayo de 2010

ALFA-OMEGA

Todo comeza e remata.
Gústame cando comeza, cando todo é novo e excitante e o mundo amosa a súa millor cara para ser descuberto. Neses momentos os meus sentidos tratan de aprehender a esencia do cosmos e cheiro, vexo, toco, escoito e saboreo con toda a intensidade da que son capaz. Unha luz de ledicia tintinea no meu interior e sae ó exterior na mirada, no sorriso, nos movementos e mesmo coa respiración, enchida de enerxía síntome forte, cos pes na terra pero capaz de botar a voar, todo é posible.
Gústame menos cando as cousas rematan, cando quedas con esa sensación de vacío e o movemento máis nimio parece imposible de acadar. O corpo pesa como se fora pedra e o teu redor xira un mundo hostil. Respirar doe e sinto minguar e encollerseme a ialma que queda soiña e a escuras, pechada.
Pero todo seguirá comezando e rematando.

No hay comentarios: