viernes, 21 de enero de 2011

CRASH- Para Chus

PI PI PI PIPI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI PI

Ummmmm comeza a rutina diaria, apagar despertador, refunfuñar, desperezarse, pensar qué día é hoxe, chegar a unha conclusión, mércores, levantarse, frio, ducharse, vertirse, ¿que me pongo? ver qué tempo fai, chove a mares, almorzar, “buf, hoxe non fago a cama” calzarse, poñerse abrigo, coller paraugas, a mochila do ximnasio, o bolso, as chaves da casa na man para cerrar, a chave do coche localizada para non tardar en abrir baixo a chuvia…LISTA PARA COMEZAR UN NOVO DIA LABORABLE

Uy, uy...cuidado cando saes do ascensor están fregando o portal, non sería bo esvarar, saio moi a modiño, como pisando ovos, e proba superada, a muller que limpa nin me mirou, ten os cascos postos, o millor nin me escoitou, o millor podería caer romper a nuca contra a escaleira e ela seguiría escoitando a súa música “All the single ladies, all the single ladies…”

Xa estamos baixo a borrasca, o coche está preto, non paga a pena abrilo paraugas, comezo a andar baixo a chuvia, será millor abrilo, ó accionar o sistema de apertura do paraugas, cae o bolso do hombro e queda colgado do codo, Aja! se fas algún movemento máis correremos o perigo de que tamén caia a bolsa do ximnasio e ahí si teriamos un problema co peso. Co paraugas a medio abrir na man esquerda, o bolso no codo do brazo dereito e a mochila no hombro, chego ata o coche empapadiña e teño que coller a chave, apoio o paraugas no chan contra o coche, que por suposto cae nun charco, e coa man esquerda busco a chave, que non tardo en encontrar…xa que tivemos os miolos suficientes de deixala ben localizable.

Sentada no coche, a salvo da chuvia, calefacción a tope, luces, radio e arranco.

Tráfico denso, como corresponde a un día de auga, non me chegaron as horas de sono, teño que acostarme máis cedo, necesitarei un segundo café para comezar o traballo.

Un fermosisimo paxaro voa diante de min, de proporcións perfectas voa cun ritmo acompasado, relaxado, case hipnótico, os meus ollos non son quen de apartarse do seu camiño e sinto paz no meu interior, un sosego quente que sube dende os pes a cabeza enchendo toda parte do meu corpo co seu candor. É pequeniño, ten o pico dourado, o peito vermello e o lombo verde auga, as súas as están cheas de cores, naranxa, morado, amarelo, gris…case parece unha bolboreta

CCCCCRRRRRAAAAASSSSSHHHHH

Colisión en cadena nos accesos a cidade “perdoa, despisteime” Seis coches e un camión, o camión levaba galiñas que dalgún modo consiguen fuxir do seu destino cruel, os vehículos obstaculizamos un carril de entrada, pero as galiñas ocupan os outros dous. Colapso na cidade en hora punta

1 comentario:

Arte y Restauración dijo...

Que identificada me siento!
Por situaciones como esa decidí huir de la ciudad.
Está genial. Un biko