
A búsqueda do benestar de corpo e alma ten moitas variantes.
Nesta ocasión tentamos procurar os beneficios do ioga e da relaxación, xuntamonos un grupiño de amigas, habilitamos o salón de casa e comezamos unha sesión de estiramentos. Aquí nos tedes nun dos movementos do “saúdo ó sol”, fotografía tomada e cedida polo meu fotógrafo particular.
Podería seguir a falar dos múltiples beneficios que nos reportou a sesión, e de cómo logo durmin pracenteramente cos meus músculos e a miña mente en perfecta sintonía con Morfeo…Sen embargo, a elección do día non foi a adecuada, por problemas de axenda tivemos que xuntarnos un venres pola noite, e a nosa cultura, quizais non tan milenaria como a oriental pero si de séculos atrás, acabou impoñéndose. Tras media hora de ioga sentamonos no sofá a falar e beber, o modo de relaxación occidental.
A noite seguiu co deporte nacional, baixamos a rúa para ir de bar en bar, eso sí, escoitamos blues en directo, o que non é moi patriótico, un bó directo o de Carlos Childe Troupe, no Joana´s place, un antro con encanto.
Acabei a noite comendo unha hamburguesa grasienta e preguntándome, co cerebro en stand by polos brebaxes consumidos, e a conciencia intranquila, en qué momento virou a noite de rumbo. Pero qué podo facer eu, ó fin somos follas sacudidas polo envite do destino.