martes, 18 de noviembre de 2008

NO MAR


Para min Galiza e o mar son un só elemento.
Imaxino que haberá xente do interior que non pense o mesmo, pero cada un está alentado e é escravo das súas circuntancias.
Meu pai cando alguén lle pregunta pola súa profesión soe dicir “O que hai que facer para non ir ó mar” é unha frase irónica e divertida que esconde unha gran realidade. Na nosa fuxida á sofisticación das cidades tivemos que inventarnos traballos para non ter que labrar ou pescar. E nestes momentos existen traballos moi raros. Fixenlle un seguro a unha muller e ó preguntarlle o emprego dixome que xestionaba liñas 902 para empresas ¿? Como tamaño emprego non me cabía na solicitude puxen administrativa que é un bo caixón desastre. Teño amigos cunha grande variedade de traballos, transportador de “tochos”, guionista nun reality show (se tratan da realidade para qué necesitan guionistas?), masaxeadora de cabezas nun estanco “comprando LM light te liberas del estrés”, observadora das enfermidades dos árbores, medidora de gambas, cortadora de etiquetas de roupa, vendedora de enciclopedias que explican que facer se un neno se traga un alfiler…En fin todo isto “para non ir ó mar”
Acompaña esta breve disertación unha foto de Alex dun peixiño do acuario.

No hay comentarios: