miércoles, 12 de noviembre de 2008

Saída da oficina

Media hora antes da saída da oficina…empezaba a perder a paciencia. Sentía un oco enorme no estómago, como todolos días a esta hora, pero hoxe este oco estaba cheo de odio. Qué podía facer se tiña ganas de matalos a todos? Agora entendía as matanzas que se producían en EE.UU, se ela tivera nestes precisos intres unha pistola no peto seguramente os seus compañeiros de traballo xa non estarían vivos. Se regodeaba imaxinando a noticia ó día seguinte no telexornal, cos seus veciños contestando ós periodistas “sempre foi moi educada, non se metía en problemas e parecía unha persoa normal” E eles que saberán, se non a coñecen de nada, só se cruzan no ascensor ou na porta e por iso xa pensan que é “normal” Entérense veciños, poderían vivir a carón do monstruo de austria e pensar que é un apacible xubilado.
15 minutos para a conta atrás e todo pode pasar. Unha mala palabra, unha mirada, un roce ou simplemente unha chamada, e o sentemento que ruxe no seu interior pode estoupar como unha bomba. Que ocurriría se pasara? Se en vez de seguir coa súa anodina vida de oficinista prendera lume ao seu pasado, física e psicolóxicamente, e comezara unha vida de riscos fora do políticamente correcto? Ser unha prófuga da xusticia, escapar de todo e de todos, vivindo soa e en completa liberdade, lonxe de convencionalismos sociais. Atracar bancos, como o solitario, por anarquismo, nunca por codicia. Extorsionar a grandes empresarios en prol da xustiza social. Sabotear as liñas telefónicas para que as persoas se comuniquen ao estar incomunicadas. Deixar sen gasolina as estacións de servizo e a xente se mova a pé ou bicicleta…
Xa só quedan 3 minutos e parece que todo vai seguir o seu curso normal, van saíndo todos, despídense ou fan acenos coa cabeza mentres falan polo móbil, colle as chaves, pon a alarma e pecha a oficina.

No hay comentarios: