martes, 2 de diciembre de 2008

ANCARES


Fin de semana na Galiza profunda, e que ben se respira nas profundidades da nosa terra. Viven nos Ancares 1800 personas, pero o sábado foron 1832. En plena alerta por temporal uns arriscados urbanitas (mal que lle pese a algún, ser así denominado) de moi distinta procedencia, galegos de aquí, galegos do bierzo, unha salmantina, polacas e alemáns ascenderon as cumbres nevadas da nosa fronteira natural.
Non me gusta demasiado a paisaxe dos Ancares, según Miguel talaron todolos montes para construir a armada invencible, e eu son máis do Caurel, montañas suaves con árbores, paxariños e frores. Sen embargo coa neve recén caída, blandiña e sen pisar, a estampa era inmellorable.
Pedro e Mariló acolléronnos no seu albergue, Campa da Braña, coma sempre, con familiaridade, en ningún momento parece que estás no seu negocio, semella que estés na casa duns amigos. A chimenea encendida, a comida inmellorable (qué ben cociñas Mariló!!), bebida e música ambiente, boa xente conversando, unha queimada, especial para os de fora, e a durmir cada un no seu saco. O sono xa non foi tan idílico, parece que había moita nariz atascada e a serenata foi digna da Orquesta Sinfónica.
Non tivemos problemas na carretera, as quitaneves estiveron alerta e traballando, grazas a que Mariló tivo que remover concellos e diputacións, poñer queixas e chamar a prensa, para que o venres, xa comezada a nevada, os seus fillos puideran voltar do colexio, eche xente loitadora a que queda no rural. Quizais non tiveron máis remedio que facerse reivindicativos tralo abandono continuo das institucións. O despoboamento do campo galego non é por gusto, é polos disgustos que se leva a xente ó comprobar que son cidadáns de segunda clase. A foto desta vez é cortesía de Oscar Pedrós.

No hay comentarios: