lunes, 29 de diciembre de 2008

"La Ola"


Onte fun ver a película alemana traducida ó castelán como “La Ola” Un mestre dun instituto, que ten que dar unhas xornadas sobre a autocracia durante unha semana, decide poñer na práctica as principais consignas de toda dictadura. O experimento trata de dar resposta a seguinte pregunta ¿sería posible a instauración dun réxime autocrático nos nosos tempos?
Tal pregunta pode plantexar algunha dúbida en Alemania, que o fin e o cabo están arrepentidos e sinten verdadeira vergoña do acontecido durante o Tercer Reich, non me plantexa tanta dúbida en España, onde aínda agora podemos escoitar aquelo de “Con Franco viviamos mejor” dito con orgullo e coa cabeza ben alta (que hay que joderse)
Idolátrase a xente con poder, sen importar a súa ideoloxía nin os seus feitos, o caudillo de turno terá un séquito tras el, alagados con só sentarse a súa mesa, e non estou falando do pobo, estou falando sobre todo daqueles considerados élite, banqueiros, intelectuais, millonarios e grandes empresarios, que son os máis zalameros cos poderosos, eles, qué precisamente teñen a opción da crítica.
Así que a miña reflexión non é tanto colectiva, estou segura de que España non aprendeu dos seus erros, se non máis ben individual, ¿de qué sería eu capaz?
Podería eu apoiarme na masa para realizar actos que nunca faría doutro xeito? Deixaríame arrastrar pola seguridade que facilita o grupo? Eu nunca me sentín parte dun todo, o meu individualismo paréceme máis un defecto que unha virtude, pero o poder da suxestión colectiva é inmensa e da medo. Quén pode sentirse libre de caer en tal mal?

1 comentario:

Euryale dijo...

Eu non podo dicir que sexa inmune a isto. De feito, en moitas ocasións deixo que a masa pense por min (entendido o término "masa" tanto como grupo de amigos, afición dun equipo, e incluso intención de voto mayoritaria). Pero intento corrixilo cando me dou conta de que está acontecendo.

Asinado: borreguito Euryale.