sábado, 27 de diciembre de 2008

Unha nación, unha selección


Nun mundo de pensamento dirixido e costumes uniformes da gusto sentirte parte dunha pequena comunidade diferenciada, nin mellor nin peor, simplemente única e distinta. Dende logo non serei eu das que digan que nunca bebe Coca Cola (sobre todo se vai acompañada de ron) ou que non pisa un McDonalds, a comida basura tamén ten o seu aquel, non todo van ser grelos, pero síntome unha grande privilexiada ó poder ir tomar unha ración de pulpo cando me peta, e de poder acabar unha cea cun licor café que quenta ó ánimo. Non vou entrar en tópicos porque para iso xa temos o anuncio de Gadis, e ben contentiños que quedamos todos cando o escoitamos por primeira vez, “sintámonos orgullosos de ser galegos” e enchémonos de fachenda e creceunos o sentimento patrio para algúns, o sentimento rexionalista para outros. Que máis da, na orden práctica chamarnos nación ou rexión, ó caso é que ningún outro pobo de España é coma nos, ninguén fala coma nos, ninguén come coma nos (saíu un estudo sobre a Dieta Atlántica) e por suposto ninguén ten este carácter tan noso.
Somos unha das nacións españolas máis conservadoras, aquí un partido nacionalista de dereitas forrábase a votos, moito se especulou sobre Cuíña, Meilán e non sei quen máis, pero grazas a devires do destino, ninguén se decidiu a formar tal partido (e non quero dar ideas, deus nos libre dun demo así)
Este sábado xoga a Selección Galega, Riazor será unha festa, cantaremos o himno, ondearan as bandeiras, entonaremos consignas nacionalistas e virán xogadores galegos que viven noutros países para xogar xuntos por Nadal. Levarei os meus curmáns para que cheiren ese espírito, tan difícil de encontrar nas escolas coruñesas, xa estivemos ensaiando o himno e faleilles de Pondal, coas súas barbas brancas ondeando o vento, mentres montaba a cabalo polos montes de Ponteceso. Non sei con que se quedarían as súas pequenas mentes sempre indescifrables, eu conteino o mellor que souben.

3 comentarios:

Euryale dijo...

E para conmemorar tan sinalada data, esta noite voume meter entre peito e espalda... ja ja ja... un pulpiño, unhas navalliñas, un anaco de tarta de oruxo e un licorciño deses que quentan máis que Gas Natural.

chapas dijo...

Quería dar unha pequena replica ó artigo Unha nación, unha selección que escribiu Uxi o día previo ó partido de Galiza contra Irán. Empezarei a dicir unha obviedade para a xente que me coñece: gústame que se disputen ese tipo de partidos. Pero, é isto é o importante, creo que vai sendo hora de dar un paso máis, un avance para que a nosa selección poda xogar partidos máis aló da última fin de semana de Decembro, a cal, por certo, soe conlevar gripes e catarros a moitos siareiros/as.
¿Por que realmente non se fai?
Hai varias cuestións. A máis preocupante para Galiza é que os xogadores da irmandiña non están sensibilizados co problema. O 99% dos xogadores actuais de Galiza nunca poderán xogar un partido oficial coa Selección española. Entón, ¿porque non reclaman a oficialidade de Galiza para poder competir nun Europeo, por exemplo?. O problema é político, do nacionalismo español que invaden as nosas vidas, xa vivas na Coruña, Lugo ou no mesmiño Allariz. Os xogadores galegos temen que se lles colguen o sanbenito de nacionalistas galegos, independentistas, terroristas, antisistemas e demais (todas estas lindezas foron dirixidas a miña persoa nalgunha ocasión). Nacho Novo é posible que nunca xogue coa Selección Española: antes está Villa, Torres, Güiza, Raul,... pero, e isto é o máis grave, non quere axudar a desintegración da nación española. Ningún, repito, ningún xogador da Selección Galega pronunciou unha soa verba a prol da oficialidade de Galiza como selección nacional. Tan so Fernando Vázquez falou dunha posible semi-oficialidade para xogar en verán torneos coma os xogos Lusófonos ou o Torneo de nacións Celtas. Como punto de partida paréceme ben, máis nunca será considerada unha meta polos nacionalistas galegos.
Todo isto son cábalas, máis non lle encontro outra resposta. Quizáis os 22 xogadores son simpatizantes do Partido Popular, o cal, creo que non representa a sociedade galega.

Na próxima observación prometo non falar de política.

UXIA dijo...

Eres la caña hermanito...