jueves, 18 de diciembre de 2008

"Y LA VIDA PASÓ..."


“Y la vida pasó, como pasan las cosas que no tienen mucho sentido…”
As veces vexo a vida dende fora de min, coma se dun demiurgo se tratara, e eu mesma teño os fíos do meu propio títere, que se move ante os demais interpretando cada papel que lle toca neste teatrillo, agora son filla, agora amiga, administrativa, bailarina, uns días mala, outros boa. É entón cando me plantexo que sentido ten todo, e por suposto atea como son, non lle encontro máis obxeto que vivir por vivir. Non me atrevo a morrer, aínda me queda moito por ver, e curiosa como son, non mo quero perder.
Meu títere non para de correr, parece que se continuo movendo os fíos a toda máquina non vou ter que pensar, se me concentro en actuar para o mundo, cara os outros, cos meus distintos roles, non vou ter tempo de votar de menos nestas festas, aínda non podo crer todo o que pasou este ano. Son unha representación de min mesma, coma un debuxo. Miñas amigas psicólogas seguro teñen un nome para este síndrome.
Sempre me gustou o Nadal, gústame beber, comer, reunirme coa familia, brindar cos amigos, facer regalos e recibilos. Pronto comezará un novo ano, a miña cabeza ferve chea de ideas, xa comprei a axenda 2009, agora comezo a enchela de bos proxectos, espero poder cumprilos e que vos podades lelo.
A pintura é de Eva Alfonso, non deixedes sen visitar o seu blog, http://elespejoamarillo.blogspot.com/

1 comentario:

Arte y Restauración dijo...

Títere ou debuxo, non deixes nunca de escribir, emocioas con cada frase.
Un biquiño. Noemí