jueves, 26 de febrero de 2009

VOTA POBO VOTA


Encóntrome cun montón de xente que me di que non vai votar porque pensa que todos os políticos son iguais, e que non vai cambiar nada estea Mengano ou Fulano no poder. Esta xente (todos eles cultos e intelixentes que por algo son amigos meus) di que todos os políticos son mentireiros e corruptos e da igual a ideoloxía que profesen.
Non serei eu quen poña a man no lume por ningún candidato, se non a pon Mariano por Esperanza…sen embargo estou ben certa de que existen grados de honradez moi importantes que diferencian a uns dos outros, e que por mais que pretendan facerme crer que as diferencias entre esquerda e dereita xa non existen, eu as vexo continuamente. Importa a ideoloxía dun político ante o despido libre, a sanidade pública, a prohibición das vodas gays, o consentimento do vandalismo dependendo dos motivos que se aleguen (se é por botellón non vale, se é contra unha Herrikotaberna si), a planificación familiar, a liberdade de expresión, a calidade da ensinanza gratuita, e tantos outros temas
E digo eu…
Se estivera Fraga no poder, existiría este auxe da danza contemporáneaen Galiza?
Se estivera Quintana no poder resolveríase antes a crise do Prestige?
Se estivera González no poder mandaríamos soldados a Irak?
Se estivera a esquerda gobernando Italia, finaría antes a agonía de Eluana e o seu pai?
Se os alemáns non votaran a Hitler no seu momento, existiría o Holocausto, existiría o estado de Israel, vivirían en paz os palestinos?
As respostas a estas preguntas non existen, pero eu dende logo teño unha opinión clara.
A política inflúe nas nosas vidas amigos, así que vai votar, e non o fagas por Feijoo.

1 comentario:

chapas dijo...

Último desproposito do PP na campaña, Baltar, mandamás do Partido Popular en Ourense, chamou Maricón a Pachi Vázquez (conselleiro de Medio Ambiente) e insinuou que Quintana era un maltratador. En fin...campaña máis cheirenta non a vin neste País. Grazaa PP e La Coz de Galicia.
Por certo, alguén sabe por onde se meteu Rosa Díez???
O Domingo eliximos voltar as cavernas pepeiras ou vislumbrar un novo futuro. Da mocidade, e non tan mozos, depende.